Mi cuenta
0 artículos

¡Todavía no hay productos!

ATENCIÓN

La tienda se encuentra inactiva temporalmente por lo que no se admiten pedidos.

Compartir:

Libro. O Traxe Muradán(Tradicional)

  • 120,00La modalidad de envío puede variar el importe final del pedido.
  • producto destacado
  • Marca:TradicionalEN STOCK
  • envío desde 5,00*
Tradicional

Comprar Libro. O Traxe Muradán por 120,00. Producto en stock y envío desde 5,00.

Precio, información, características e imágenes de Libro. O Traxe Muradán pertenece a la categoría Libros (42) y a la marca Tradicional (45).

Encuentra productos relacionados y de similares características a Libro. O Traxe Muradán en "Libros".

Información

O autor, Francisco Rodríguez Fernández, presenta este traballo  para que o público, interesado na indumentaria tradicional, coñeza de primeira man un dos traxes  máis nomeados en toda Galiza, e que sen dúbida,  é un dos máis descoñecidos e imitados falsamente.

Unha edición limitada, en galego, que consta de 376 páxinas en branco e negro e a toda cor con encadernación ao cromo en tapa dura, 23x30cm. Cunha tirada de cincocentos exemplares, dos cales, este, é un dos últimos que quedan.

Clasificado en:

¿Alguna duda? ¿Necesitas asesoramiento?

Ponte en contacto con nosotros y resolveremos tus dudas.

Libro Guía. Cogomelos dunares do litoral atlántico galego.

17,00€15,30€

AUTOR: J. M. C. MARCOTEOs sistemas dunares son un exemplo de espazo ecolóxico onde sobrevivir é estremadamente difícil, pero a vida consegue finalmente evolucionar e adaptarse. Desta forma, un espazo que semella condenado a non ter vida, amósase ante os nosos ollos cunha biodiversidade tan grande que mesmo resulta difícil de crer. Esta guía dá conta dun traballo de estudo e catalogación levado a cabo nos últimos 10 anos, co resultado da identificación de máis de 300 especies fúnxicas, nos areais e sistemas dunares do litoral atlántico galego. Consta dunha introdución, coa descrición do sistema dunar completo, os distintos hábitats, as plantas máis importantes, estratexias de adaptación e un catálogo de especies identificadas, con 80 fichas, macro- e microfotografías a toda cor e observacións de todas as especies. Agardo que este estudo sirva para axudar a divulgar a importancia deste espazo natural e así intentar que o coñecemento transmitido valla para conseguir unha maior protección, tanto a nivel individual como a nivel institucional. 

Libro infantil. Cando escoito o teu corazón

12,95€11,65€

Cando escoito o teu corazónMARÍA TERESA PUIG CALZADILLA , ISAO LLORENS ISHIKAWA , ISAO LLORENS ISHIKAWACando escoitas o corazón doutra persoa todo pode cambiar nun intre. Iso é maxia! E esta maxia aprenderáa Lucas de súa nai, quen tamén lle descubrirá en que cousas hai que fixarse para averiguar como se atopa unha persoa sen que esta che diga nada.

Libro. De Roda en Roda. Músicas e danzas do mundo.

15,00€13,50€

Neste libro, os autores, vencellados dende hai moitos anos ao mundo da danza popular, ofrecen unha escolmade 21 pezas tradicionais de diversas partes do mundo, cada unha co seu son orixinal. Gravadas no C.D. que acompña o libro con instrumentos propios dos seus paisesde orixe, son explicadas dun xeito doado no libro e mostradas no DVD para que ninguén quede sin bailar. 

Libro. Entre o abalo e a zaranda. diccionario léxico do mar.

15,00€13,50€

Paco Rivas (Cervo, Lugo). Filólogo e escritor, foi profesor de galego, asesor de Lingua e Literatura galegas no CEFOCOP de Pontevedra na década dos noventa e é tamén coñecido polo seu labor no ámbito da radio desde a década dos oitenta A terceira entrega da colección Salitre de Cumio, Entre o abalo e a zaranda, é unha boa mostra do inmenso patrimonio inmaterial do léxico do mar creado por xeracións de galegos e galegas da Mariña, que durante tantos anos recolleu e estudou Paco Rivas. Trátase de léxico vivo que, xunto coa fraseoloxía con sabor a salitre, cómpre seguir recollendo e peneirando para que forme parte da Patria da Lingua Galega. Traballos como este contribúen a que haxa máis mar na cultura galega, á vez que permiten que nos dicionarios de galego non só se poida aumentar o número de entradas con mar, senón que algunhas das existentes reflictan un patrimonio marítimo vivo e non museístico.

Libro. Etno-folk nº10. Revista galega de etnomusicoloxía.

13,00€11,70€

Especial museos de instrumentos La colección de instrumentos de la Fundación Joaquín Díaz, por Joaquín Díaz Apéndice I: Fotografías de algunos instrumentos pertenecientes a la colección de la Fundación Joaquín Díaz El Museo Internacional de la Gaita de Gijón, por Juan Alfonso Fernández García El Museo de la Música de Urueña, por Luis Delgado Recesións de libros, revistas, partituras e gravación

Libro. Lendas de Ourense. Miguel Mosquera Paans

29,95€26,95€

Desde tempos inmemoriais os pobos foron transmitindo os seus coñecementos, xeración tras xeración a través de historias que exemplifican o saber acumulado. Sobre esa base vivencial e práctica na que se ven inmersos os personaxes das distintas historias, destílase unha sabedoría que sustenta as accións que foron resoltas con maior enxeño. Recompilar un volume destas características, facelo ademais cun límite territorial como se fai neste libro, non é só o resultado dun traballo inxente. Tamén resulta un traballo sociolóxico e de coñecemento de todo un pobo. De aí o seu valor, as historias recollidas aquí viaxaron desde os primeiros séculos da nosa era até os nosos días, pasando oralmente de xeración en xeración até chegar a nós co valor engadido que lle proporciona un gran número de interpretacións que acompasaron a evolución social e tecnolóxica. Agora cando por fin quedan escritas transfórmanse nun patrimonio da cultura que os nosos maiores nos ofrecen como legado. 

¿Necesitas ayuda?

Llámanos o escríbenos

100% PAGO SEGURO

ENVÍOINTERNACIONAL

* más información

NEWSLETTER

Suscríbete a nuestro newsletter para recibir ofertas y novedades exclusivas.