Mi cuenta
0 artículos

¡Todavía no hay productos!

ATENCIÓN

La tienda se encuentra inactiva temporalmente por lo que no se admiten pedidos.

Compartir:

Libro. Entre o abalo e a zaranda. diccionario léxico do mar.(Edicións do Cumio)

  • 13,5015,00La modalidad de envío puede variar el importe final del pedido.
  • -10%
  • Marca:Edicións do CumioEN STOCK
  • envío desde 5,00*

Comprar Libro. Entre o abalo e a zaranda. diccionario léxico do mar. con 10,00% de descuento por 13,50 (antes 15,00). Producto en stock y envío desde 5,00.

Precio, información, características e imágenes de Libro. Entre o abalo e a zaranda. diccionario léxico do mar. pertenece a la categoría Libros (42) y a la marca Edicións do Cumio (81).

Encuentra productos relacionados y de similares características a Libro. Entre o abalo e a zaranda. diccionario léxico do mar. en "Libros".

Información

Paco Rivas (Cervo, Lugo). Filólogo e escritor, foi profesor de galego, asesor de Lingua e Literatura galegas no CEFOCOP de Pontevedra na década dos noventa e é tamén coñecido polo seu labor no ámbito da radio desde a década dos oitenta 

A terceira entrega da colección Salitre de Cumio, Entre o abalo e a zaranda, é unha boa mostra do inmenso patrimonio inmaterial do léxico do mar creado por xeracións de galegos e galegas da Mariña, que durante tantos anos recolleu e estudou Paco Rivas. Trátase de léxico vivo que, xunto coa fraseoloxía con sabor a salitre, cómpre seguir recollendo e peneirando para que forme parte da Patria da Lingua Galega. Traballos como este contribúen a que haxa máis mar na cultura galega, á vez que permiten que nos dicionarios de galego non só se poida aumentar o número de entradas con mar, senón que algunhas das existentes reflictan un patrimonio marítimo vivo e non museístico.

¿Alguna duda? ¿Necesitas asesoramiento?

Ponte en contacto con nosotros y resolveremos tus dudas.

Libro Guía. Cogomelos dunares do litoral atlántico galego.

17,00€15,30€

AUTOR: J. M. C. MARCOTEOs sistemas dunares son un exemplo de espazo ecolóxico onde sobrevivir é estremadamente difícil, pero a vida consegue finalmente evolucionar e adaptarse. Desta forma, un espazo que semella condenado a non ter vida, amósase ante os nosos ollos cunha biodiversidade tan grande que mesmo resulta difícil de crer. Esta guía dá conta dun traballo de estudo e catalogación levado a cabo nos últimos 10 anos, co resultado da identificación de máis de 300 especies fúnxicas, nos areais e sistemas dunares do litoral atlántico galego. Consta dunha introdución, coa descrición do sistema dunar completo, os distintos hábitats, as plantas máis importantes, estratexias de adaptación e un catálogo de especies identificadas, con 80 fichas, macro- e microfotografías a toda cor e observacións de todas as especies. Agardo que este estudo sirva para axudar a divulgar a importancia deste espazo natural e así intentar que o coñecemento transmitido valla para conseguir unha maior protección, tanto a nivel individual como a nivel institucional. 

Libro infantil. Cando escoito o teu corazón

12,95€11,65€

Cando escoito o teu corazónMARÍA TERESA PUIG CALZADILLA , ISAO LLORENS ISHIKAWA , ISAO LLORENS ISHIKAWACando escoitas o corazón doutra persoa todo pode cambiar nun intre. Iso é maxia! E esta maxia aprenderáa Lucas de súa nai, quen tamén lle descubrirá en que cousas hai que fixarse para averiguar como se atopa unha persoa sen que esta che diga nada.

Libro infantil. Soñei que era unha árbore

12,95€11,65€

MARÍA TERESA PUIG CALZADILLA , ISAO LLORENS ISHIKAWA , ISAO LLORENS ISHIKAWANon é nada aburrido ser unha árbore, rodeado de animais e xogando co vento e as sombras do sol entre as túas pólas. A noite que Lucas soñou que era unha árbore non sabía que estaba soñando algo realmente especial: un soño no que todos amaban a Natureza e a respectaban.

Libro. Cascadas de Pontevedra

18,00€16,20€

Esta guía es un registro preciso de la localización, estado e importancia de las cascadas pontevedresas. Su conocimiento y la visita obligada a estos lugares del paraíso será determinante en la sensibilidad social alrededor de esta preciosidad de agua clara en caída libre: pura magia.

Libro. O trasmundo de Antioqía. Rafael Laso

20,00€18,00€

RAFAEL LASO LORENZOUn mapa do século XVIII no que se agocha un segredo. Unha carta escrita por un home ás portas da morte. A antiga lenda dunha cidade asolagada baixo as augas da lagoa de Antela. Unhas antigas torres que protexen e limitan un mundo diferente. Un mundo onde se agochan os exércitos de cínifes que seguen a agardar polo seu rei Artur. Un mundo no que o tempo non existe. Un mundo no que, de atopar a entrada, acadas algo inimaxinable: a inmortalidade. 

Libro/C.D. Agustín Lorenzo Loroño

35,00€31,50€

A arte de escribir debería ser, inescusablemente, realizada sempre por persoas instruídas e capacitadas para tal fin. Neste caso é un gaiteiro o que se ve na tesitura de poñerse a escribir en torno á vida doutro gaiteiro, polo que debería considerarse –cando menos– un ousado, xa que a responsabilidade que adquire é enorme, non tratándose —ademais— de calquera gaiteiro, senón dun dos que sobresaen; dun que empezou no oficio sendo neno e que tan só a morte foi quen de facelo deixar de tocar. Si, e digo ben a morte porque Agustín Lorenzo Loroño, Agustín o Carabinero, o Gaiteiro de Catoira, deixou este mundo de vivos como el sempre dixo que lle gustaría que fose: tocando a gaita. E así foi: mentres daba as primeiras notas da alborada da festa de San Miguel, o patrón da súa propia vila, a escasos metros da súa casa. Aconteceu o 28 de setembro de 1997, cando contaba a idade de oitenta e sete anos, acompañado polo grupo que el fundara alá polo ano 1928: Brisas do Río Ulla. Vestido de gaiteiro recibiu sepultura ó son das gaitas que compañeiros e admiradores tocaron para despedilo ó xeito do que el era: un gran gaiteiro e unha grande persoa. A importancia que ten a presenza deste gaiteiro na historia da música galega é tal que, de non ter existido, é posi ble que non chegasen a crearse institucións tan emblemáticas como Os Rosales, Os Areeiras, Faíscas de Xiabre ou mesma mente Milladoiro. Todas estas figuras da música, e as conse guintes secuelas, poderían ter máis relación co Gaiteiro de Catoira da que se pode intuír a simple vista. 

¿Necesitas ayuda?

Llámanos o escríbenos

100% PAGO SEGURO

ENVÍOINTERNACIONAL

* más información

NEWSLETTER

Suscríbete a nuestro newsletter para recibir ofertas y novedades exclusivas.