Mi cuenta
0 artículos

¡Todavía no hay productos!

ATENCIÓN

La tienda se encuentra inactiva temporalmente por lo que no se admiten pedidos.

Compartir:

Libro. Cruces e Cruceiros antigos de Vilagarcía de Arousa(Tradicional)

  • 18,0020,00La modalidad de envío puede variar el importe final del pedido.
  • -10%outlet
  • Marca:TradicionalEN STOCK
  • envío desde 5,00*
Tradicional

Comprar Libro. Cruces e Cruceiros antigos de Vilagarcía de Arousa en outlet con 10,00% de descuento por 18,00 (antes 20,00). Producto en stock y envío desde 5,00.

Precio, información, características e imágenes de Libro. Cruces e Cruceiros antigos de Vilagarcía de Arousa pertenece a la categoría Libros (42) y a la marca Tradicional (45).

Encuentra productos relacionados y de similares características a Libro. Cruces e Cruceiros antigos de Vilagarcía de Arousa en "Libros".

Información

Cruces e Cruceiros Antigos de Vilagarcía de Arousa está editado pola Deputación Provincial de Pontevedra. Servizo de Publicacións. En 1979 a editorial comezou a súa primeira singladura en Galicia. O seu catálogo ten máis de 600 obras. O Servizo de Publicacións está especializado en Ciencias Técnicas, Ciencias Humanas e Sociais e Literatura. O catálogo da editorial conta cas seguintes coleccións: Fillos Ilustres da Provincia de Pontevedra, Colección Tambo, Patrimonio documental da Provincia de Pontevedra, Etnografía, Socioloxía e Antropografía, Ensaio e Investigación... Autores destacados como Manuel M. Romón, Eliseo Alonso Rodríguez, Antonio Álvarez Corbacho, Olimpio Arca Caldas e Rafael Vallejo Pousada  publicaron as súas obras na Deputación Provincial de Pontevedra. Servicio de Publicacións.

Autores: Xosé RamónMarín Martínez e Clodio González Pérez


Clasificado en:

¿Alguna duda? ¿Necesitas asesoramiento?

Ponte en contacto con nosotros y resolveremos tus dudas.

Libro Guía. Cogomelos dunares do litoral atlántico galego.

17,00€15,30€

AUTOR: J. M. C. MARCOTEOs sistemas dunares son un exemplo de espazo ecolóxico onde sobrevivir é estremadamente difícil, pero a vida consegue finalmente evolucionar e adaptarse. Desta forma, un espazo que semella condenado a non ter vida, amósase ante os nosos ollos cunha biodiversidade tan grande que mesmo resulta difícil de crer. Esta guía dá conta dun traballo de estudo e catalogación levado a cabo nos últimos 10 anos, co resultado da identificación de máis de 300 especies fúnxicas, nos areais e sistemas dunares do litoral atlántico galego. Consta dunha introdución, coa descrición do sistema dunar completo, os distintos hábitats, as plantas máis importantes, estratexias de adaptación e un catálogo de especies identificadas, con 80 fichas, macro- e microfotografías a toda cor e observacións de todas as especies. Agardo que este estudo sirva para axudar a divulgar a importancia deste espazo natural e así intentar que o coñecemento transmitido valla para conseguir unha maior protección, tanto a nivel individual como a nivel institucional. 

Libro. Arte rupestre en Galicia

25,00€22,50€

AUTORES: ANTONIO DE LA PEÑA SANTOS , BUENAVENTURA APARICIO CASADO , FERNANDO CARRERA RAMÍREZ 50 fichas con más de 200 ilustraciones de los hallazgos más representativos del arte rupestre en Galicia. El arte rupestre gallego, plasmado en el interior de las cámaras megalíticas y en los grabados al aire libre, comienza a ser valorado como uno de los elementos patrimoniales más valiosos del país, capaz de concitar el interés del gran público. Esta guía está concebida para acercarse a esta manifestación cultural de un modo fácil y ameno. Un amplio aparato gráfico —que incluye la localización— y textos directos y precisos facilitan al lector la visita y la comprensión de un mundo en el que el simbolismo se erige en el principal protagonista. Los autores, Buenaventura Aparicio Casado, Fernando Carrera Ramírez y Antonio de la Peña Santos, son reconocidos expertos en la investigación y divulgación del arte rupestre. 

Libro. As fábulas de Leonardo da Vinci

9,95€8,95€

Autora: ROSSANA CASANO PALADINOUnha folla de papel, que se encontraba sobre un escritorio xunto con outras follas iguais ca ela, atopouse un bo día toda chea de signos. Unha pluma, mollada de tinta negrísima, trazara sobre a folla de papel unha morea de debuxos e palabras... Xa non es unha folla de papel, desde agora serás unha mensaxe, e ademais custodiarás o pensamento do home.

Libro. Las divisiones provinciales de Galicia

9,00€8,10€

O propósito da obra é artellar o caso particular de Vigo e Pontevedra nun estudio máis amplo encol da xénese e as máis sobranceiras vicisitudes da vixente división provincial de Galicia, para tentar deste xeito de paliar a sorprendente lagoa historiográfica que amósase nunha cuestión tan fundamental, non só nesta Comunidade Autónoma senón en toda España. En definitiva, como pódese comprobar, a rivalidade entre Vigo e Pontevedra pola capitalidade provincial –tal como se analiza neste libro- está inserta no marco das divisións provinciais do século dezanove e, lonxe de ser unha mera curiosidade histórica de interese nitidamente anecdótico, nos leva a pensar sobre cuestións esenciais para o futuro do réxime local español.

Libro. Xogos predeportivos. A iniciación deportiva

12,00€10,80€

Autores:RITA M.ª DÍEZ RECHOU , MARÍA ÁLVAREZ SANMARTÍN , MARÍA ÁLVAREZ SANMARTÍN-Os xogos predeportivos son aqueles que nos introducen na práctica dun deporte, son sinxelos, con poucas regras e teñen certa similitude cos deportes aos que están destinados. O xogo e os deportes son uns dos contidos primordiais no currículo de Educación Física, tanto na etapa de primaria coma na de secundaria. Por todo iso, e para abordar estes bloques de contidos, é interesante que a introdución á práctica de calquera deporte se poida facer con xogos orientados a tal fin. Iremos do sinxelo e fácil ao máis complexo, mediante unha progresión do xogo cara ao deporte. Xogos de atletismo, de baloncesto, de voleibol, de balonmán, de fútbol sala, de rugby, de hóckey, de hóckey patíns, de bádminton, de ximnasia artística e deportiva, de tenis, de judo, de béisbol, con patíns, patinete e monopatín e con bicicleta.

Libro/C.D. Agustín Lorenzo Loroño

35,00€31,50€

A arte de escribir debería ser, inescusablemente, realizada sempre por persoas instruídas e capacitadas para tal fin. Neste caso é un gaiteiro o que se ve na tesitura de poñerse a escribir en torno á vida doutro gaiteiro, polo que debería considerarse –cando menos– un ousado, xa que a responsabilidade que adquire é enorme, non tratándose —ademais— de calquera gaiteiro, senón dun dos que sobresaen; dun que empezou no oficio sendo neno e que tan só a morte foi quen de facelo deixar de tocar. Si, e digo ben a morte porque Agustín Lorenzo Loroño, Agustín o Carabinero, o Gaiteiro de Catoira, deixou este mundo de vivos como el sempre dixo que lle gustaría que fose: tocando a gaita. E así foi: mentres daba as primeiras notas da alborada da festa de San Miguel, o patrón da súa propia vila, a escasos metros da súa casa. Aconteceu o 28 de setembro de 1997, cando contaba a idade de oitenta e sete anos, acompañado polo grupo que el fundara alá polo ano 1928: Brisas do Río Ulla. Vestido de gaiteiro recibiu sepultura ó son das gaitas que compañeiros e admiradores tocaron para despedilo ó xeito do que el era: un gran gaiteiro e unha grande persoa. A importancia que ten a presenza deste gaiteiro na historia da música galega é tal que, de non ter existido, é posi ble que non chegasen a crearse institucións tan emblemáticas como Os Rosales, Os Areeiras, Faíscas de Xiabre ou mesma mente Milladoiro. Todas estas figuras da música, e as conse guintes secuelas, poderían ter máis relación co Gaiteiro de Catoira da que se pode intuír a simple vista. 

¿Necesitas ayuda?

Llámanos o escríbenos

100% PAGO SEGURO

ENVÍOINTERNACIONAL

* más información

NEWSLETTER

Suscríbete a nuestro newsletter para recibir ofertas y novedades exclusivas.